Sobre

O C.S.O. Casa das Atochas ocupouse en marzo do ano 2008. Espazo sito no barrio de Montealto da cidade da Coruña.

A Casa das Atochas: un intento de modelar un proxecto de autoxestión horizontal

Funcionamento
A Casa das Atochas é un Centro Social Okupado, onde conxugamos política e autoxestión das nosas vidas. A maneira de funcionar da Casa tenta non plaxiar os múltiples defectos da xestión piramidal; non hai xerarquía ningunha, non hai director*s nin dirixid*s.

O noso órgano de xestión máis alto é a asamblea aberta dos luns (calquera pode vir e participar, propoñer, e debatir) a partires das 20:30 horas. Nela coordinamos o traballo da semana e dos vindeiros meses que teñen que ver coa Casa, as súas actividades, o reparto de tarefas, ou calquer actividade externa programada.
Os colectivos que traballan na Casa fan o mesmo nas súas asambleas, e calquer problema pode ser debatido nas xuntanzas dos luns.
As decisións non se fan por votación senón debatindo e procurando solucións que se acheguen ao consenso. Moit*s poden pensar que este sistema é imposible que funcione, pero o certo é que o fai, e desde a Casa tentamos ser un bo exemplo disto.

Actividades político/culturais
Na Casa das Atochas non hai ánimo de lucro, é dicir, nunca se organiza un concerto, palestra, actividade, obradoiro, etc., nin absolutamente nada, por cartos. Toda a xente que está a participar na Casa, que verás cociñando, limpando, atendendo nos eventos ou montando os próximos, faino voluntariamente e sen cobrar. É un compromiso duro pero necesario para a consecución dunha comunidade igualitaria. Absolutamente todo na Casa: cada mural pintado, cada obra realizada, ou cada comida servida, é/foi/e será feito deste xeito.
Por mor disto, calquer interesad* en actuar na Casa, só recibirá cartos para compensar o transporte ata a Casa. Nós poñeremos a comida, a bebida, e, en caso de precisalo, un sitio no que durmir. Non é a nosa intención, nin ten sentido, apoiar circuitos comerciais, cando todo o demáis na Casa se fai de maneira voluntaria e participativa; agardamos que esta postura sexa respectada pol*s participantes en calquer tipo de actuación, concerto, palestra, obradoiro, etc., e no curso da súa estancia na Casa.
Por outra banda, o noso anhelo de poder mudar o curso das cousas, polo menos na nosa realidade local, lévanos a solidarizarnos coas múltiples situacións nas que, ben sexa polo papel punitivo do Estado, ben pola ilusión doutr*s de cambiar as súas realidades persoais e locais; por isto, algúns concertos e actividades sirven de apoio a causas políticas e colectivos, afíns á nosa visión política e organizativa.

Respecto e convivencia
Para acadar unha alternativa real, desde a Casa das Atochas agárdase un mínimo respecto entre iguais, tanto por parte d*s asistentes como d*s participantes dos proxectos, actividades, asambleas, obradoiros, palestras, etc.; polo que as actitudes racistas, translesbohomófobas, a tortura animal, as drogas duras (agás o alcol ;)) e a violencia sen razón non forman parte da cotidianeidade da Casa e non serán benvidas. Porén, a igualdade, o respecto, a reciclaxe, o espírito participativo, o consumo consciente, a autoxestión e o saber estar en xeral son as actitudes que coidamos se desenvolvan no Centro Social Okupado Casa das Atochas.

Se queres falar con nos, por favor, escribe a:
contacto [arroba] casadasatochas [punto] info 
contacto [at] casdasatochas [doc] info

6 Responses to “Sobre”

  1. Hola!! somos unos estudiantes de educacion social que tenemos que hacer un trabajo sobre la kultura okupa. Habiendo ido ya alguna actividad o concierto que realizasteis, nos parece muy interesante lo que estais haciendo. Por eso nos gustaria, si es posible, poder acudir un dia (unas horas o lo que fuera posible), para ver como funciona la casa por dentro, las actividades,talleres, etc propuestos y hablar un poco con vosotros. Estariamos muy agradecidos ya que es un trabajo bastante importante para el curso y nos gustaria que vosotros formarais parte de el. Muchas gracias. Espero vuestra contestascion : jessikinha_hh@hotmail.com

  2. Hola!
    Aproveitando que todos os Lascivos están na Coruña pensamos que se podía facer un concerto de reunión xa que hai tempo que non tocan e posiblemente non o van facer a curto prazo xa que Montse( batería) vive fóra.
    Vendo a programación de xaneiro, o día 5 está libre, só hai taller de malabares á tardiña, e como o 6 é festivo sería a mellor data posible.
    Coma sempre, ás 9 e a entrada a 3e?.
    Graciñas.

    http://www.myspace.com/lascivos

  3. hola!, son bandia, estiven facendo fotos na mani do outro dia e se queredes vo-las podo pasar por mail. intentareino no enderzo qiue ven arriba escrito, se non chegan avisade que as mando a outro. saude!

  4. Hola gente…aquí Paco un mexicano perdido en España … les escribo para pedir ayuda para una banda de Serbia que quiere venir a tocar en Junio del año que viene a España..ellos tienen planeado venir a tocar 3 dias al norte despues pasar a Portugal y regresar al sur de España…sus fechas en el norte son:

    Sabado 18 de Junio - Barcelona
    Domingo 19 de Junio - Zaragoza
    Lunes 20 de Junio - A Corunha

    Ellos se llaman Reflection of internal Rain su myspace es http://www.myspace.com/reflectionsofinternalrain .. yo los conozco y son muy buena gente.. en su mail pedian pues un logar para dormir y entre 100 y 150 euros para la gasolina y el peaje.. serán 7 personas …espero nos puedan ayudar … un saludos grande!

    pako

  5. Hola!! Chámome Eva, son Xornalista..¿sería posible que me facilitárades un contacto para poder falar con vos? Un saúdo

  6. hola ,soy javi moro,estoy en utrecht,holanda,en casa de unos colegas de aqui que tienen una radio pirata y les gustaria contactar con vosotros y poder emitir en galicia,es una radio por internet,la direccion es:schoutcast radio radio ghetto web klik.nl y despues tienes que hacer klik dos veces en ,por una europa solidaria,…….yo me voy dentro de una hora hacia dinamarca en bici,un saludo a todos los/as colegas da casadasatochas,hasta la victoria

Leave a Reply