
VENRES 11 DE MARZO: a partir das 20.00 horas presentación do SEMINARIO DE HISTORIA DE LA OKUPACIÓN DE MADRID e do libro OKUPACIONES EN MOVIMIENTO (derivas, estrategias y practicas), a cargo de Elísabeth Lorenzi.
Máis información:
http://tierradenadieediciones.com/tierradenadie/?p=215
A partir das 22.00 horas CEADOR VEGANO, proxeccións e sesión de punk.
SÁBADO 12 DE MARZO: a partir das 13.00 horas MONICREQUES PARA NENXS a cargo de ERO.
A partir das 14.00 horas COMIDA, NOM BOMBAS no Campo da Leña.
A partir das 20.00 horas palestra presentación da C.I.C. (cooperativa integral catalana) a cargo de dous compañeiros integrantes da mesma. Autoemprego ecolóxico e autoxestionado.
Máis información:
http://cooperativa.ecoxarxes.cat/
http://www.podem.cat/node/877
A partir das 22.00 horas concerto ZINC (Madrid) e BULLDOZERS (A Coruña).
Máis información:
http://www.myspace.com/zincmyspace
http://www.myspace.com/bulldozersrockandroll
LUNS 14 DE MARZO: a partir das 20.00 horas ESTREA DA PRIMEIRA MONTAXE DO FILME COLECTIVO sobre a Casa das Atochas e o movimento de okupación na Galiza. A continuación petiscos psicotrópicos, té, café e festón.
MÉRCORES 16 DE MARZO: de 13.00 a 16.30 horas XANTAR IMPOPULAR, reciclado, vegano e de balde.
A partir das 17.00 horas JAM’ ON, sesión aberta e libre de música improvisada.
XOVES 17 DE MARZO: a partir das 20.00 horas SEGUNDO TORNEO DE TIRATXINAS e INAUGURACIÓN DA 2ª MOSTRA FOTOGRÁFICA.
VENRES 18 DE MARZO: a partir das 20.00 horas PRESENTACIÓN dos proxectos de okupación do CSO KIKE MUR de Zaragoza, do CALDO VEGANO de Madrid e do CSO SIN NOMBRE de Sevilla, a cargo de integrantes da asemblea.
Máis información:
http://okupa.noblezabaturra.org/cso-kike-mur/
http://caldovegano.blogspot.com/
http://csoasinnombre.blogspot.com/
A partir das 22.00 horas CEADOR VEGANO, proxeccións e sesión de crust.
SÁBADO 19 DE MARZO: a partir das 12.00 horas obradoiro de MASAXE PARA NENXS (para nenxs de aprox. un mes a ano e medio) e a partir das 13.00 horas obradoiro de LOCK PICKING, ou a arte de abrir fechaduras.
A partir das 17.00 horas ENCONTRO DE OKUPACIÓNS E RADIOS LIBRES. Participará xente das asembleas do CSO A Casa da Estación de Pontedeume, do CSO A Casa do vento de Compostela, do CSO O Salgueirón de Cangas, do CSO A Casa das Atochas de Coruña, da Rádio Piratona de Vigo, da Rádio Kalimera de Compostela, da Rádio Filispim de Ferrol, da Rádio Krime, da vivenda okupa da Coruña (Monte Alto), da antiga Casa Encantada de Compostela (a do Sar e a da Almáciga), do CSO A Cámara de Gas de Compostela, da antiga La Hoguera de Coruña, da CAOS de Compostela, da Aito de Compostela, da Casa do muíño de Compostela, da Casa de Bergondo, do CSO Sin Nombre de Sevilla, do CSO Kike Mur de Zaragoza e do CALDO Vegano de Madrid.
A partir das 22.00 horas CEADOR VEGANO E FESTA RACHADA.
Posted on Marzo 9th, 2011 por admin
Filed under: convocatorias | 2 Comments »