Venres 8 de abril: ceador pro-presxs e proxección/debate filme sobre os Black Panthers

Contra ás 21h haberá un CEADOR VEGANO SOLIDARIO COAS PERSOAS PRESAS.

Contra ás 22h proxección de BLACK PANTHERS [1968] de Agnès Varda e debate.

Máis información:
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/2011/03/02/we-gotta-free-huey/

Xoves 7 de abril: palestra/debate colectivo Ergosfera

Contra ás 20h palestra/debate a cargo do COLECTIVO ERGOESFERA sobre cómo se produce hoxe a diferenza, a través do caso de Guantánamo como exemplo quizáis máis mediático dos considerados Territorios de Excepción.

Despois disfrutaremos dunha rica CEA VEGANA.

Máis infomación:
http://ergosfera.org/blog/?p=1792

Mércores 6 de abril: xantar impopular e Jam’on

jam2

a partir das 13.30h XANTAR IMPOPULAR. Vegano, reciclado e de balde. Ven cociñar ou papar!

ás 17.00h JAM ON!
A partires de agora mesmo e ata que a flipación musical aguante, convídase *s músic*s do andergraun coruñés a xuntarse co necesario para experimentar con ton e son: instrumento, ampli se fai falla e, sobre todo, orellas.
Improvisacións sen ánimo de lucro e con ánimo psicotrópico; calqueira combinación de instrumentos pode dar froito? saxos e zambombas, pandeiretas e sintetizadores? a onde chegaremos ninguén o sabe; cada un e unha que aporte o seu estilo!
Vinde melóman*s, traede as orellas e as ideas abertas!

SITUACIÓN LEGAL

A Audiencia Provincial admite a trámite o incidente de nulidade plantexado pola Casa das Atochas contra o auto de 23 de febreiro. No escrito plantexamos que ese auto, que convalidou a orde de desaloxo dictada polo Xulgado de Instrucción número 5 mediante providencia inmotivada no mes de novembro, é nulo debido a que esta providencia non estaba axustada a dereito e a resolución da Audiencia non respondeu ás nosas alegacións.
O día 24 de marzo a Audiencia Provincial dictou unha providencia, notificada o 28 de marzo, na que manda darlle copia do noso escrito ás partes (ministerio fiscal, promotora inmobiliaria e nós mesm*s) para que no prazo de cinco días:
1. se presenten alegacións sobre a nulidade da medida cautelar.
2. se presenten alegacións sobre a suspensión da execución da medida.

A mesma providencia pódese recurrir no prazo de tres días.
O mesmo día 24 a Audiencia dictou outras dúas resolucións, notificadas o 29 de marzo:
1. Unha providencia na que se admite formalmente a trámite o incidente de nulidade plantexado, se conceden cinco días para alegacións e tres para recurrir a providencia en sí.
2. Un auto da mesma data, sorprendente, na que se deniega a suspensión da execución da medida cautelar, e se di que non cabe recurso contra esta decisión.

Deste xeito o incidente de nulidade está pendente das alegacións e decisións da Audiencia Provincial.
Sería lóxico que o Xulgado de Instrucción número 5 suspendese a execución do desaloxo mentres non se decida o incidente.
Existen simultáneamente dúas resolucións da mesma data sobre a cuestión da suspensión, a segunda restrinxindo os dereitos de alegar e recurrir recoñecidos na primeira, sen aportar motivación ningunha para esta limitación. É evidente a situación de desamparo que se nos ocasiona. Temos intención de recurrir para que se suspenda a execución  e discutir con plenas garantías a nulidade da medida cautelar, incidente de nulidade admitido a trámite pola Audiencia Provincial.

Xoves 31 de marzo, proxección: ciclo Federico García

Contra ás 21.00 horas CEADOR VEGANO e proxección do filme LA LEYENDA DE MELGAR (EL POETA INSURGENTE) [1981] de Federico García.
A vida e lenda do poeta arequipeño Mariano Melgar [1791 - 1815], héroe da insurrección liderada por José Ángulo e o cacique Mateo Pumacahua no Virreinato del Perú en 1815.

Máis información:
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/page/2/

Mércores 30 de marzo: Xantar impopular e Jam’on

jam1

a partir das 13.30h XANTAR IMPOPULAR. Vegano, reciclado e de balde. Ven cociñar ou papar!

ás 17.00h JAM ON!
A partires de agora mesmo e ata que a flipación musical aguante, convídase *s músic*s do andergraun coruñés a xuntarse co necesario para experimentar con ton e son: instrumento, ampli se fai falla e, sobre todo, orellas.
Improvisacións sen ánimo de lucro e con ánimo psicotrópico; calqueira combinación de instrumentos pode dar froito? saxos e zambombas, pandeiretas e sintetizadores? a onde chegaremos ninguén o sabe; cada un e unha que aporte o seu estilo!
Vinde melóman*s, traede as orellas e as ideas abertas!

CONTRA A MORTE

“(Contra a morte!, o amor que vai
comigo; contra o tempo que remata!, o voso
tempo; contra o loito!, o desexo; contra
o mundo!, unha bomba meditada; contra mín!
ser o mesmo que fun e que non era
eu mesmo…) 

XIV
(CONTRA A MORTE O AMOR QUE VAI COMIGO)
 Dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido a miña inexistencia
soñado nas túas noites
ou prorrogado en ti.”

(Lois Pereiro, xullo 1995)

 O 17 de maio de 2009 o CSO Casa das Atochas organizou un Día das letras Galegas distinto. Entre os actos daquel día, os autores do documental CONTRA A MORTE, Iago Martínez e Alexandre Cancelo, presentaron imaxes do que entón era un traballo en proceso e deron algunhas pistas e datos sobre o poeta Lois Pereiro. Poucxs sospeitabamos que no 2011 a oficialidade ía tomar prestada a idea…

Sábado 26 de marzo, concerto: Bitxo Bola en solidariedade co proceso de Xosé Tarrío

Data: sábado 26 de marzo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres

CONCERTO DE BITXO BOLA en solidariedade co proceso de XOSÉ TARRÍO.

Máis información: http://www.youtube.com/watch?v=aMxWWlzn2dM
http://bitxobola.iblogger.org/
http://denuncia.info/index.php?option=com_content&view=article&id=26&Itemid=57

Por un urbanismo popular autoxestionado

Fronte á proclama dos poderes desta cidade de que “lo que quieren los ciudadanos es ir a los centros comerciales”,

DICIMOS:

Establecer como hipótese que unha zona da cidade pode ser simultaneamente lugar de permanencia e tranquilidade para moitas, de paso para algunhas e de intercambio e asombro para todas, e  que a súa estrutura física e mental é feita pola colectividade, agás se esta chegou a ser parasitada por organismos autoritarios que só pretenden obter dela producións e obediencias e temen por enriba de todo calquera desorde, insumisión, invención na rúa, xurdimento de ritmos internos, de fluencias, de xeitos de estar sen medo nin tensións, confianzas, capacidades de traballo colectivo, de apoio mutuo, educación non autoritaria, curación e arte sen manipulación, autoorganización sen ánimo de mando nin lucro …

Como poden establecerse un urbanismo e unha arquitectura que axuden ás persoas a organizarse para rehabilitar, recuperar, adaptar directamente os espazos que precisan para xogo, encontro, experimentación e vivenda?

Que lexitimidade poden pretender xs intérpretes da lei que lle dan mecanicamente ou seu contido máis reaccionario e supersticiosamente mercantil? Que valor moral pode ter unha lei que non respecta nin os seus presupostos “democráticos” e “sociais” e simplesmente organiza a máis rápida e efectiva desposesión das posibilidades de vida autónoma dos seres vivos, intelixentes e sensibles?

Que desexos existen na sociedade de falar sinceramente das necesidades de vivenda adaptada aos ritmos de rapacxs, adultxs e vellxs? Como se combinan o urbanismo e a arquitectura popular con estruturas abertas que faciliten a vida cotiá, as mediacións e axudas que unha colectividade complexa precisa? O urbanismo do curro en común, das rehabilitacións urxentes, da resistencia á extorsión e os desafiuzamentos, da axuda e coidados respectuosos aos grupos e persoas que o precisen, sempre coa condición da súa liberdade, participación e autonomía …

Como deixa de cumprir unha cidade as súas funcións na sociedade mercantil para ser zona de encontros, aprendizaxes, emocións, reintegrada no medio ambiente, capaz de reorganizar ecolóxicamente a produción e circulación de cousas e ideas?

Actividades na fin de semana

Ola,

desde a Casa das Atochas, levamos tempo aguantando as miserias varias do poder. Desde Nadal, observamos como os intereses políticos e os mesianismos xudiciais, a manipulación informativa e o poder do capital levaron a unha operación de demonización dos movementos sociais e de todo acto contestatario.
Este feito fai obviar o importante do asunto, as razóns de peso polas que xurdiu un proxecto das características da Casa das Atochas: as prácticas de acoso (mobbing), presión e chantaxe por parte de inmobiliarias e empresas de especulación de capital; as políticas urbanísticas totalizadoras impostas, entre outros lugares, en Galiza; a vivenda, dereito ninguneado e convertido en instrumento de cobiza, cambalache e agravio de tantas vidas; a multitude de espazos abandonados; a imposibilidade doutras formas de vida nunha sociedade oficial banal e ridícula, con pretensións de homoxeneizar.
Por todo iso nós seguiremos coas nosas premisas: CELEBRACIÓN E DESOBEDIENCIA. A Casa das Atochas non se desaloxa.
Okupa e resiste.

Actividades previstas:

Data: xoves 24 de marzo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

CEADOR VEGANO e proxección CICLO FEDERICO GARCÍA. Pase do filme LAULICO.
(Federico García, 1980). Perú, VOSE, 90′.

A primeira película rodada en quechua da Historia.

Máis información:
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/files/2011/02/folla-febreiro1.pdf

Data: venres 25 de marzo
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta

ás 19.30 horas PALESTRA DE MANUEL PINTEÑO SÁNCHEZ, que pasou 33 anos secuestrado nas cadeas do Estado Español. Pese a que entrou no cárcere por delitos contra a propiedade, nunca contra as persoas, a súa actitude combativa e libertaria levouno a acumular penas e sancións por motíns e tentativas de fuga (algunhas con éxito).
A cruel vinganza do estado non se debeu só á súa activa participación nas diversas loitas dos presos comúns, senon tamén a que foi un dos reclusos ós que os sevicios secretos ofrecéronlles beneficios penitenciarios a cambio de matar presos de ETA (o que coñeceuse como GAL carcelario). A súa negativa motivou que, a pesares de que en 1977 a condena máis grande que tiña era de 6 anos, non saíse ata o 2010, 33 anos na cadea (24 en total illamento) só interrumpidos polos 7 meses que estivo en fuga.

Máis información:
http://libertad-manuel.blogspot.com/

ás 21.30 horas CONCERTO dos grupos TRAZOS + LADESIDIA + ANDEN 7 en solidariedade coa Biblioteca anarquista A Ghavilla de Santiago.

No caso de que o desaloxo se faga efectivo a palestra de MANUEL PINTEÑO pasará a ter lugar no CSA ATREU!, Sam José, 2, rés-do-chao, Monte Alto.