Enlaces noticias e vídeos dos últimos días

Agradecemos profundamente a axuda e apoio de todxs vós. Ata pronto.

12/4/2011:
Fotografías
http://www.flickr.com/photos/rizlinha/sets/72157626358096909/
http://s1131.photobucket.com/albums/m552/cintiamars/Desalojo%20Casa%20das%20Atochas/
http://www.flickr.com/photos/kanno_filth2/ Read more…

Pola vida colectiva

POLA VIDA COLECTIVA AUTORREGULADA E AUTODISFRUTADA, CONTRA O LEGALISMO DO PODER

“Sé que no puedo hablar de mis logros, que me lo prohíbe la Junta Electoral; no puedo hablar de la base que posibilitó el desarrollo de este edificio”,  Javier Losada en Marineda city, Xornal de Galicia, 14 de abril de 2011.

“Estou pensando en empadronarme en esta city“, un sen papeis, Xornal de Galicia, 14 de abril de 2011.

E unha arte dos que mandan separarnos ata que quedamos indefensas e incomunicarnos ata que só eles saben as solucións aos problemas que eles mesmos crean, administran e disfrutan.
Hai tres anos, ou trescentos, ou dentro de tres, unha morea de seres aproximadamente humanos, cunha teima se cadra escura pola imaxinación e a convivencia, que nos sentíamos medio paralizados e viscosos nesta  cidade, que tiña que ser unha continua, morna, ás veces quente intensidade de moitos xeitos compartida (de moitos compartida), eliximos como tarefa ou fantasía rehabilitar, usar e compartir unha casa abandoada das Atochas, rehabilitarnos, usarnos e colectivizarnos a nós mesmas. Read more…

Sábado 16 de abril: manifestación

cartaz-paxina1

Vídeos desaloxo e marcha do 12/4/2011:
http://www.youtube.com/watch?v=YdKS4u4Nycg
http://vimeo.com/22285431

3 okupas. Peza do filme colectivo

3 okupas [2011] de Marcos Nine. Peza do filme colectivo que se está a realizar sobre o movemento de okupación na Galiza e o CSO Casa das Atochas. Próximamente nos cines!

enlace vídeo:
http://www.youtube.com/watch?v=g3F9LcB6ipM&feature=channel_video_title

Mércores 13 de abril: palestra “Amor e revolución”

Hora: 20.30 horas
Espazo: praça das Mulheres livres

palestra “AMOR E REVOLUCIÓN” a cargo de IAGO MARTÍNEZ sobre a figura de Lois Pereiro.

Máis información:
http://loispereiro.blogaliza.org/2011/01/18/primeira-persoa-da-verdade-por-iago-martinez/

Beleza extrema na rúa

Vídeo Galiciaconfidencial:
http://www.youtube.com/watch?v=YdKS4u4Nycg

Crónica da marcha de onte:
http://abordaxerevista.blogspot.com/2011/04/primeira-concentracion-polo-desaloxo.html

Especial da Ràdio Kalimera:
http://www.archive.org/details/InformativoEspecialAKalimera-DespejeDoCsoCasaDasAtochas

Fotos de onte:
http://s1131.photobucket.com/albums/m552/cintiamars/Desalojo%20Casa%20das%20Atochas/

(a vosa, non a da madera, que é ben fea e triste)

Moitas, incontables persoas bravas e fermosas no Obelisco, libres e desbordantes polas rúas, e outra vez na Praza das Mulleres Livres, nas Atochas.

A Casa das Atochas non se desaloxa,

MIL BIKOS SOCIAIS

mañá, mércores 13, palestra “Amor e Revolución”, sobre Lois Pereiro, na Praza das Mulleres Livres

SABADO 16 DE ABRIL

MANIFESTACION CONTRA O DESALOXO DA CASA DAS ATOCHAS

SAÍDA: CAMPO DA LENHA

Desaloxada a Casa das Atochas

Desaloxada a Casa das Atochas.  Nestes momentos xa non queda ningún dxs nosxs compañeirxs na Casa. Varios obreiros están rachando cos tellados, ventás, etc.

Vídeo desta mañá: http://vimeo.com/22285431

Convócase á poboación a unha concentración/cacerolada no Obelisco da Coruña esta mesma tarde, do martes 12 de abril, as 20h, así coma a unha manifestación en repulsa do acontecido hoxe o sábado 16 de abril ás 18h no Campo da leña.
Porén os criminais económicos non poden con aquelxs que propagan outros xeitos de vida. Nin o uso da forza das autoridades fai calar a unha poboación hoxe máis pobre social, política e culturalmente.   E resulta ben significativo que se estea nestes momentos a destrozar físicamente a Casa: de espazo que a empresa de acoso e coaccións -o axente urbanizador Juan Pérez Paz S.L.- tiña en estado de abandono, agora pasa directamente a espazo baleiro. A vida sobra. Mais haberá máis Casas das Atochas e máis veciñxs intelixentes que destrúan a cobiza e recoñezan a loita solidaria e proveitosa do grupo de persoas que alí estiveron e que por alí pasaron, durante os seus máis de 3 anos de existencia.

Comunicado 12/4/2011

Data: martes 12 de abril
Hora: 20.00 horas
Espazo: Obelisco

CONCENTRACIÓN/CACEROLADA

Data: sábado 16 de abril
Hora: 18.00 horas
Espazo: Campo da leña

MANIFESTACIÓN en repulsa do acontecido hoxe.

——–
A Coruña, 12 de abril de 2011

enlace vídeo: http://vimeo.com/22285431

Está mañá ás sete horas varias unidades de U.I.P. antidisturbios e G.O.E.S. procederon ao desaloxo da Casa das Atochas. No tellado da mesma permaneceron dúas persoas resistindo ata aproximadamente ás oito e media, momento no que as unidades policiais chegaron ata onde estaban e as sacaron do edificio. Foron identificadas mais non detidas. Agora mesmo están a tirar os tellados da Casa, quitando os cristais das xanelas, etc., sen que exista unha orde de derrubo aprobada polo Concello nin protección algunha para os obreiros que están a facer o sucio traballo (retirada da uralita). Esta tarde ás 20.00 horas convocamos unha CONCENTRACIÓN NO OBELISCO. Ademais o SÁBADO 16 de abril a partir das 18.00 horas sairemos en MANIFESTACIÓN dende o Campo da leña. Un desaloxo, outra okupación! Dez, cen, mil centros sociais! Read more…

Actividade do 4 ao 10 de abril

cartaz-abril1

Sábado 9 de abril: concerto IRA e Punto de Krust

Contra ás 21h concerto IRA (Hardcore old school de la Cuenca) e PUNTO DE KRUST (Punk-crust afrikano).