Cinema na rúa: A flor de pel e Nin vellos nin traidores

DATA: xoves 2 de setembro
HORA: 22.00 horas

CINEMA NA RÚA. Proxección da curta A FLOR DE PIEL [A flor de pel] de Kristina Garikano e Cristian Marín [2010] e do filme NI VIEUX NI TRAÎTRES [Nin vellos nin traidores] de Pierre Carles e Georges Minangoy [2005]
VOSP

Nin vellos, nin traidores é un documental sobre *s militantes de Action Directe. Móstranos a súa traxectoria política e as súas orixes en Barcelona, o paso polos MIL, GARI, polos grupos autónomos e a loita dos anos setenta.

Nos anos 70, anarquistas franceses loitaron ao carón d*s compañeir*s de Catalunya contra a ditadura franquista e o capitalismo. Apoiaron as folgas máis radicais e crearon a editorial Maio 37 para difundir textos marxistas, situacionistas, asemblearios e anarquistas.

Máis información e descargas:
http://vimeo.com/13908870
http://www.nodo50.org/rebeldemule/foro/viewtopic.php?f=4&t=5018

One Response to “Cinema na rúa: A flor de pel e Nin vellos nin traidores”

  1. Moi boas as reflexións da xente de Acción Directa

    Apertas e parabéns

Leave a Reply