Jammin’ Resaca, Adorno e The Fingers

Domingo 15 de agosto, ás 18.00 horas  sesión aberta de música improvisada Jammin’ Resaca
Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente co necesario para facerse soar: instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasarse pola ocupa a ver os estraños experimentos dos músicos do andergraun coruñés de que se presenten co necesario: orellas, paciencia e flipación.
Avísense a ustedes mismos se o consideran pertinente.
Se traen a resaca posta mellor, é de etiqueta neste tipo de eventos.

Ás 21.00 horas concerto ADORNO (Lisboa) e THE FINGERS (Pontevedra)

Máis información e descargas:
http://www.myspace.com/dafingazzz
http://www.myspace.com/adornno

Leave a Reply