palestra crianza sen escola e Amer Beton/Daily O. D.
ÁS 19H_PALESTRA: CRIANZA SEN ESCOLA E O BRAZO BOBO DA LEI.
A non escolarización dun neno, ben sexa por abandono ou neglixencia, ou ben porque a súa familia escolleu a crianza sen escola como opción educativa (o que se coñece comunmente como educación en casa ou homeschooling e ao redor do cal hai neste momento un baleiro legal) estivo ata agora considerada como situación de risco, e a falta doutros indicios non leva tutelaje do neno nin intervención sobre el da Administración.
Fai un par de meses a Xunta de Galicia presentou un anteproxecto de lei onde a non escolarización dun menor, de novo sen facer distinción de causas, pasa a ser considerada directamente como situación de desamparo,e esta alternativa de aprendizaxe e de vida é posta ao mesmo nivel que oabandono, a indución á mendicidade, delincuencia ou prostitución, os malos tratos físicos e psíquicos, os abusos sexuais, etc, etc, e a Xunta podería chegar a asumir a tutela do menor apartándoo dos seus paise da contorna onde crece con agarimo e apego, con respecto ao seu propio ritmo de desenvolvemento, a súa curiosidade, as súas necesidades como persoa única, e impedindo que as familias decidan a educación que queren para os seus fillos.
Laura Mascaró é avogada e autora do libro “Educación y Libertad”. MartaGarcía Ramos é vicepresidenta de ALE (Asociación para a Libre Educación). Ambas decidiron desinstitucionalizar aos seus fillos acompañalos na súa aprendizaxe (a súa depravación non coñece límite). Falarannos sobre esta opción educativa, a situación legal actual e os cambios que parece que se aveciñan.
Máis información aquí:
http://aleenred.blogspot.com/2010/06/anteproxecto-de-lei-de-apoio-a-familia.html
http://decangrejosyermitanos.blogspot.com
ÁS 21.30H_CONCERTO: AMER BETON (Francia) + DAILY O.D.(Francia) + CEADOR VEGANO.
Posted on Xullo 20th, 2010 por admin
Filed under: Sen categorizar

Leave a Reply