Proxección/presentación Iván Z
Venres 5 de marzo ás 20.30 horas presentación a cargo do director, Andrés Duque, e proxección do filme IVÁN Z (homenaxe a Iván Zulueta).
Andrés Duque (Caracas, 1972), autor de Paralelo 10 (2005) ou Landscapes in a truck (2006), Duque é realizador na produtora Agosto, Máster pola Universitat Autónoma de Barcelona, e reside en territorio español desde o ano 2000. Videoartista con ampla experiencia, isto inclúe o seu periplo en Venezuela, onde estudou xornalismo e traballou na cadea HBO.
IVÁN Z
(España, 2004)
Dirección, guión e fotografía: Andrés Duque. Produción: Estudios Pirámide. Duración: 52 minutos.
Rodada en solitario por Duque, o rexistro dun singular encontro do seu realizador co cineasta de culto Iván Zulueta que, locuaz, lúcido e con certa desazón, rompe o seu hermético silencio de anos. Lonxe da haxiografía exhaustiva, o traballo céntrase no universo creativo dun director clave na vangarda nacional que recrea os fetiches e obsesións do seu imaxinario. O diálogo que Duque establece con Zulueta e as súas películas compón un singular retrato que opera como xogo de espellos, facendo brotar o carácter autobiográfico da súa obra.
Posted on Marzo 1st, 2010 por admin
Filed under: convocatorias
Leave a Reply