Xornadas sobre transporte/mobilidade: cinefórum sobre cicloactivismo
Xornadas sobre transportes/mobilidade
Martes 9 de febreiro ás 20:30 horas CINEFÓRUM SOBRE CICLOACTIVISMO coa proxección de WE ARE TRAFFIC! (1999), Ted White. VOSC.
Dirección e producción: Ted White.
Duración: 50 minutos.
En setembro do 92, tras un visionado de Return of the Scorcher (1992), un grupo activista da cidade de San Francisco toma do documental do propio White o nome de Masa Crítica para a práctica de paseos ciclistas mensuais na que comezaran a traballar pouco tempo antes. Aínda que tamén dea conta da rápida internacionalización do movemento político, WAT está centrada nesta experiencia californiana da que agroma un conxunto táctico que -con pequenas diferencias en cada localización singular- é o blandido en centos de cidades; unha zona autónoma temporal e festiva que circula resignificando as bicicletas e os espacios públicos baixo o dominio das políticas do todo para o coche privado. A máis, é en San Francisco onde se dá a máis disparatada intervención para controlar a Masa Crítica desde os poderes públicos, que titubean entre a disuasión e a patrimonialización, e que desencadeará os disturbios de xullo do 97.
O cinefórum contará con intruducción a cargo dun activista local.
Posted on Febreiro 8th, 2010 por admin
Filed under: convocatorias

Leave a Reply