Jammin’ Resaca e proxección/festa 40 anos de Easy Rider

Domingo 31 de xaneiro ás 18.30 horas sesión aberta de música improvisada Jammin’ Resaca
Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente co necesario para facerse soar: instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasarse pola ocupa a ver os estraños experimentos dos músicos do andergraun coruñés de que se presenten co necesario: orellas, paciencia e flipación.
Avísense a ustedes mismos se o consideran pertinente.
Se traen a resaca posta mellor, é de etiqueta neste tipo de eventos.

ás 21.00 horas festa/proxección 40 anos de Easy Rider [1969], Dennis Hopper.

Leave a Reply