Proxección 36/75 e Compañía de Títeres Alakrán

Venres 22 de xaneiro ás 20.30 horas
proxección e presentación a cargo do autor de 36/75 [2009], Xurxo González. Despois a compañía de Títeres Alakrán interpretará a peza Pequeno cabaret de tolos.

36/75     
(España, 2009)
Dirección, guión e produción: Xurxo González. Duración: 40 minutos.
A Guarda. Febreiro 2009. Eleccións Galegas. O sentimento democrático ilumina friamente lugares anónimos onde se esvaeceron os sinais do paso do “demo”. Reflexión sobre a dificultade de lembrar, dos problemas da Historia, do paso do tempo, da significación dos espazos, da fraxilidade da memoria, da natureza documental e da vontade de esquecer dunha parte da sociedade que convive, sen querer darse de conta, en escenarios que testemuñan a barbarie.

One Response to “Proxección 36/75 e Compañía de Títeres Alakrán”

  1. Gran traballo o de Xurxo González.

Leave a Reply