Comunicado da Casa Encantada de Santiago

Velaí vai o comunicado que fixeron *s compañeir*s da Casa Encantada. Todo o noso apoio para el*s:

CENTRO SOCIAL DESALOXADO
E TAPIADO NA ALMÁCIGA
Na mañá do martes 29 de decembro, vários axentes da policía nacional presentáronse no número 17 da rúa do Pino en Compostela. Procederon a expulsar a unha persoa que a falta doutro lugar, descansaba nese momento na casa. Foi levada á comisaría para ser identificada. Coa connivencia da policia, uns individuos que os acompañaban procederon adestrozar con mazas os baños e outras cousas da casa. Despois procederon ao tapiado da casa sen sequera permitir a retirada das cousas que estaban dentro. Todo o proceso foi executado sen previo
aviso e de xeito irregular.
Os médios difaman e informan do que non saben tratando de xerar unha opinión acorde coa versión que lles interesa, falando dunha vivenda cando era tal, e outras acusacións infundadas. Nótase que ao poder lle urxe “limpar a cidade” de toda iniciativa social autónoma que non estea circunscrita aos baleiros “centros socioculturais” do concello ou apadriñada polas súas subvencións.
Impídese pola forza o uso dun espazo onde medraban soños, un recuncho onde se trataba de resucitar a solidariedade entre as persoas mais alá das barreiras das convencións sociais.
Só sabemos que algúns prefiren ver as casas tapiadas que cheas de vida. Nós non.
OS SOÑOS NON SE DESALOXAN

algunhas usuárias do centro social

Leave a Reply