Manifestación contra o desaloxo da Casa das Atochas
SÁBADO 26 DECEMBRO
Por iso convocamos unha «solemne mani contra o desaloxo da real Casa das Atochas» na longa resaca do Nadal. Será un pracer para a asemblea compartir convosco, persoas, colectivos, nestas entrañables datas, esta xuntanza elaborada artesanalmente como antano, con ira e liberdade, contra o desaloxo, o aburrimento, os bancos, a lóxica, os cartos, as oposicións e a vida de ful, pola okupación, polas asembleas, pola igualdade, pola fraternidade, polo aire… polo que non son gobernos, bancos, empresarios exemplares, vocacións, curros maravillosos, viaxes a Cancún, listas de boda… pol*s cormoráns, por tutatis, pola cara, polo santo punk, polas follas de herba, polo sagrado embigo, polas palabras tan grandes como liberdade ou polas palabras tan pequenas como cada unha das nosas vidas. Vinde ou enviade os vosos hologramas, ou anacos que desexedes mandar ou perder de vista. A rutina dos caciques non é a nosa lei; que o saiban.
E que non teñamos que arrepentirnos de non facer por manter unha casa na que ó longo de case dous anos estamos, estades a intentar vivir fóra da forma imposta. (Si, esa casa na que ti, jarcoreta, estiveches pogueando salvaxemente; na que ti, gafapasta, puxeches cara de interesante na presentación dun corto alternativo; na que ti, costra, entraches co teu calimocho e o bebiches dentro; na que ti, disidente, debatiches despois dunha palestra incendiaria; na que ti, voceir*, presentaches a publicación do teu colectivo; na que ti, jipi, compartiches o teu xantar e o teu sorriso; na que ti, gandul*, ganduleaches ás túas anchas e conseguiches sentir esa casa como túa …).
Traede ganas de cambia-lo mundo ou, no seu defecto, pancartas, silbatos, fachos …
Posted on Decembro 17th, 2009 por admin
Filed under: convocatorias

grupo em facebook:
http://www.facebook.com/profile.php?ref=name&id=1492960123#/event.php?eid=215052811011&ref=mf
Subo a nova a corunacity.com
Que se saiba!!!
Apoio incondicional e moita forza tamén dende Reggaliza, publicada a noticia en http://www.reggaliza.es
Moito amor para tod@s e que siga o voso lume dando luz na cultura desta cidade.
dende o brazil…………………..
kasa das atochas perdura…………………….
kara pegas a poga do ke ninguem ten