Jammin’ Resaca e Cinema “This is spinal tap”

DOMINGO 20 DECEMBRO
ás 18.30 horas sesión aberta de música improvisada Jammin’ Resaca
Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente co necesario para facerse soar: instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasarse pola ocupa a ver os estraños experimentos dos músicos do andergraun coruñés de que se presenten co necesario: orellas, paciencia e flipación.
Avísense a ustedes mismos se o consideran pertinente.
Se traen a resaca posta mellor, é de etiqueta neste tipo de eventos.
 
Ás 20.30 horas proxección “Documentos musicais” This is spinal tap de Rob Reiner, 1984

Dirección: Rob Reiner. Intérpretes: Christopher Guest, Michale McKean. Duración: 83 minutos. 

Película de culto, un dos falsos documentais (mockumentary) máis famosos da Historia do cinema. O director, Rob Reiner, e os actores crean unha banda de heavy metal (Spinal Tap)  engadindo un pasado, unha discografía e un reputado currículum. O resultado, un filme desternillante que xoga coas estratexias narrativas do documental musical eque ten consecuencias na vida real: o grupo remata por sacar discos, convertíndose no grupo favorito de Bart Simpson.

thisisspinaltapposter

Leave a Reply