Palestra Núria Pòrtulas
Mércores 11 de novembro ás 20.30 horas palestra a cargo de Núria Pòrtulas
Núria á unha anarquista de Girona condenada a dous anos e medio de prisión (xa cumpriu catro meses) por intentar colaborar cun grupo anarquista italiano proporcionándolle información sobre institucións públicas catalás!, o grupo italiano en cuestión foi absolto dos cargos de asociación terrorista polos propios tribunais italianos. A única proba contra ela é un caderno que lle atoparon con anotacións sobre varios edificios públicos nas que se detallaban a localización das cámaras de vixilancia, ela afirma que eran para organizar protestas. Está esperando por un recurso que fixeron ao supremo, se o perden volverá a prisión.
“Tentativa de colaboración con banda armada” como se come iso?, intentar colaborar cun delincuente e non conseguilo? e enriba cando o delincuente non é recoñecido como tal no país no que cometeu o delicto? Todo o asunto é unha tomadura de pelo e un paso máis cara ao control social máis absoluto. A criminalización da máis minima disidencia.
Máis información: http://elsud.org/nuria/
Posted on Novembro 9th, 2009 por admin
Filed under: convocatorias
Leave a Reply