Podemos vivir sen capitalismo! punto de encontro A Coruña

podem

 

 

 

 

 

Data: xoves 17 de setembro
Espazo: Obelisco
Hora: 18.00 a 21.00 horas
Asemblea: 19.30 horas (Obelisco)

O Colectivo temporal Crisis convoca.
Vai sendo hora de ir sacando o capitalismo das nosas vidas; un sistema inxusto que nos obriga a padecer unha crise culpa da avaricia dos que teñen cartos.

Os bancos son hoxe en día o verdadeiro poder que gravita sobre as nosas cabezas; donos legais dos nosos soldos, das nosas hipotecas e das nosas vidas.

Vai sendo hora de cambiar as cousas, de mellorar as nosas vidas e non depender de ninguén nin favorecer ó enriquecemento inxusto duns poucos. Decidamos nós, e non os bancos que usan os nosos cartos para financiar guerras, para manter crises das que saen beneficiados.

Executivos que reciben axudas estatais que dilapidan nos seus vicios mentres, seguen cotizando como mileuristas xente sen casa e casas que se constrúen para seguir especulando… empresas que fan seu o teu tempo, que fan escravos dos seus traballadores e pídenlles estar agradecidos… ¿pensas tí que isto é xusto?

É por isto que queremos convertir o 17 de setembro de 2009 nun punto de non retorno para sacar o capitalismo das nosas vidas. Ésta é a data oficial para o inicio da folga de bancos. Tamén queremos contribuir a que en todo o territorio, pobo a pobo, barrio a barrio, as persoas que queiran dar pasos na dirección do cambio persoal e social, se atopen con veciños e veciñas que tamén o queren.

Ti podes dar pequenos pasos para saír do capitalismo, plantexándote os elementos básicos da economía doméstica: traballo, consumo, vivenda, alimentación, relación cos bancos, transporte, enerxía e educación.

FOLGA DE USUARIOS E USUARIAS DE BANCOS:

Chamámoslle folga porque é unha acción premeditada de cortar con toda a colaboración ca banca, como nunha folga, un intento de cortar a relación de maneira definitiva ca banca convencional, unha deserción colectiva, un intento de deixar de colaborar ca inxustiza deste sistema.
En todo caso, a folga de bancos non pide unha acción de máximos senón que cada un se implique na medida que poida:

- Sacando parte dos cartos que ten no banco.

- Sacándoos todos e pechando a conta.

- Invirtindo os seus aforros en proxectos de banca ética e cooperativa.

- Evitando os grandes bancos e caixas e utilizando una conta cooperativa ou dunha banca ética para os teus movementos.

- Tendo o mínimo de líquido na conta, retirando os cartos despois de cobrar os ingresos.

- Facendo reclamacións ós bancos cos que te vexas obrigada a traballar cando conveña, evitar comisións abusivas, non deixarlles pasar unha, para defender os teus dereitos.

- Deixando de pagar as túas (ou algunhas delas) débedas, convertíndote en insolvente, cooperando con outras persoas para vivir mellor sen bancos.

- Non usar tarxetas de crédito, intentando pagar en efectivo e que os bancos non reciban as comisións inxustas.
Queremos que o 17 de setembro sexa unha data de referencia e punto de non retorno para a folga de bancos, que milleiros de persoas fagan pública a súa acción a través dos puntos de encontro, e ésta se vaia estendendo a cada vez máis persoas.

Así, se durante o 17 de setembro ou con anterioridade pechades unha conta, deixades de pagar un préstamo ou calqueira acción das enmarcadas na folga de usuarios e usuarias de bancos, e tedes algunha proba material (libreta pechada, tarxeta rota, comprobante, etc…), a podedes levar ó punto de encontro máis preto. Con proba material ou sen ela, ademáis, nos puntos de encontro recolleremos datos de persoas que realizaran algunha acción en sintonía ca folga de bancos, para ter unha referencia clara das persoas que xa son parte da acción.

Podes atopar máis información sobre ésta acción no grupo http://www.podem.cat/
 

comic_final_cast_reducido1

Leave a Reply