Obradoiro para apañar algas

Para o xoves  20 de agosto, temos o Obradoiro de recollida de algas.

Quedamos ás 10 da mañá diante das Esclavas (o colexio que hai ao final da praia de riazor, preto do estadio de fútbol).

SAÍDA Á BAIXAMAR

As algas mariñas en Galicia son parte integrante do medio mariño e moi cotiás para os habitantes das zonas costeiras galegas. Aínda así, as algas son unhas gran descoñecidas. Aparecen suxeitas ás rochas, flotando co bulir das ondas ou arroxadas na beiramar entre as arribazóns que nos deixan as tormentas . Pero sabemos que usos podemos darlles?

Na baixamar que imos facer o vindeiro día, aprenderemos como as podemos colleitar e procesar correctamente, recoñecer qué algas son boas para aplicalas a receitas cosméticas ou terapéuticas e cáles son as indicadas para consumir como alimento. Unha mañá divertida e dende logo, moi diferente.

Débese levar á saída:

· Botas de auga. O que queira mollar as pernas, sandalias cangrexeiras (=fanequeras) ou escarpíns que amarren no tobillo pero non esvaren nas rochas. As chanclas son mala idea.

· Bolsas plásticas, a ser posible unhas cantas de conxelado “tipo zip” e outras máis grandes das do súper.

· Libreta de campo e lápis (o boli destinta ca auga)

· Navalla ou rasqueta

· Pucho fresquiño para a cabeza e protector solar.

Opcional:

1. Cámara de fotos

2. Para os máis atrevidos: aletas e máscara de mergullar

3. Botella de auga

A charla será guiada polo profesor de bioloxía Xacobo de Toro, director da páxina www.fucoterapia.blogspot.com

Leave a Reply