Xantar Impopular

O mércores 2 de setembro, temos un novo Xantar Impopular -desta vez sen cabaza-. Cociñamos a partires das 13.00 horas e quen queira pode picar, pelar, lavar, remexer, engadir allo ou cenoura, …

Jammin Resaca

Este domingo, 30 de agosto, temos Jammin’ Resaca. Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente ás 18:30h co necesario para facerse soar; instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasearse pola ocupa a ver os extraños experimentos dos músicos do [...]

Xantar Impopular

Algas e calabazas e gañas de Xantar. A impopularidade corre pola vosa conta, se é mércores 26.
Ás 13.00 horas comezamos a cociñar e, para non enganar a ninguén, a comida non estará antes das 15.00 horas.
A imaxe é de Pablo Outón

Documental sobre a mediciña ayurveda

O domingo 23 de agosto, ás 21.00 horas temos un documental sobre a mediciña ayurveda.

Cartel de actividades da semana

Actividades da semana do 17 de agosto.

Obradoiro para apañar algas

Para o xoves  20 de agosto, temos o Obradoiro de recollida de algas.
Quedamos ás 10 da mañá diante das Esclavas (o colexio que hai ao final da praia de riazor, preto do estadio de fútbol).
SAÍDA Á BAIXAMAR
As algas mariñas en Galicia son parte integrante do medio mariño e moi cotiás para os habitantes das zonas [...]

Presentación de Pedro García-Olivo

[ 19 19America/Chicago Agosto 192009 2009; 21:00 até 23:00. ] O mércores 19, ás 21.00 horas, temos a presentación dos libros “El educador mercenario” e “La bala y la escuela” por parte do autor, Pedro García-Olivo, que volta a facernos unha visita.

http://www.pedrogarciaolivoliteratura.com/

Xantar Impopular

Cunha cabaza enorme apousada enriba dunha mesa pódense facer moitas cousas. A mera contemplación. Xirar arredor dela ata chegar á excelencia.  Un Xantar Impopular. O mércores 19 tamén hai xantar. Ás 13.00 horas, máis ou menos, para darlle coiteladas á cabaza, ou algo máis tarde das 15.00 horas para darlle unha nova vida polo corpo [...]

Asemblea da casa

O luns 18, a partir das 21.00 horas temos a Asemblea da casa.

Jammin’ Resaca e cine

[ 16 16America/Chicago Agosto 162009 2009; 18:30 até 23:00. ]

Este domingo 16 de agosto, temos Jammin’ Resaca. Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente ás 18.30h co necesario para facerse soar: instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasearse pola ocupa a ver os extraños experimentos dos [...]