Palestra - O parto é noso

cartaz-parto-natural

 

 

 

 

 

 

 

 

 O sábado 18, ás 11.30 horas temos unha charla sobre o parto natural.

O parto é noso.
Moitas mulleres sentímonos profundamente decepcionadas pola atención recibida durante a nosa maternidade, dende o inicio do embarazo ata a crianza.
Pero moi especialmente durante o nacemento.
Case todas tiñamos asumido que o parto é un proceso duro, pero que no noso país e co noso sistema sanitario habíamos estar moi ben atendidas, xa que dispoñemos de vantaxes respecto ó pasado coma a de estar nun hospital, de dispoñer da anestesia epidural, medicamentos, e mesmo da cesárea, se fora necesaria…
Por iso sentímonos totalmente estafadas e profundamente maltratadas cando nos atopamos coa crúa realidade.. Que ven sendo que nos atenden baseándose nunhas rutinas e protocolos totalmente obsoletos, puramente intervencionistas e controladores, e case sempre prexudiciais para o bo desenrolo do parto, actuacións lesivas para a nosa integridade física e moral … e que por riba, tamén maltratan ós nosos fillos.
Ante esta situación, superado a rabia e impotencia inicial, decidimos comezar a loitar por cambiar as cousas.
Primeiro: facendo pública esta triste e vergoñenta realidade, para que outras nais non sexan tamén enganadas. E poidan buscar e pedir unha atención mellor.
Segundo: apoiando, acompañando e axudando á outras mulleres que viviron experiencias traumáticas.
E terceiro: tomando todo tipo de medidas coma asociación, para que se cambien dunha vez por todas estas prácticas médico sanitarias que están claramente desaconselladas pola OMS xa dende o ano 1985 …. vai sendo hora de telo en conta.

Leave a Reply