Jammin’ Resaca e cine
Domingo 19 de xullo
Jammin’ Resaca
Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente ás 18.30 horas co necesario para facerse soar: instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasearse pola ocupa a ver os extraños experimentos dos músicos do andergraun coruñés de que se presente ás 18.30 horas co necesario: orellas, paciencia e flipación.
Avísense a ustedes mismos se o consideran pertinente.
Se traen a resaca posta mellor, é de etiqueta neste tipo de eventos.
Ás 21.00 horas proxección Numax presenta [1979] de Joaquim Jordà.
Dirección e guión: Joaquín Jordá. Produción: Asemblea de traballadores de Numax. Fotografía: Jaume Perecaula. Duración: 105 minutos.
Filme único na historia do cinema, un título militante financiado na etapa da transición pola caixa de resistencia dos traballadores dunha fábrica ocupada, a empresa barcelonesa Numax. Nunha operación absolutamente insólita terá a súa prolongación 25 anos despois (Veinte años no es nada).
As dificultades da loita obreira en hábil combinación con fragmentos de representación do capital levan a un terrible e apaixonado cadro das ilusións e traizóns históricas fundamentais na transición política.
Posted on Xullo 14th, 2009 por admin
Filed under: Sen clasificar, convocatorias

Leave a Reply