Festa - proxección Woodstock- Monterey

woodstock1

monterey1

 

 

 

 

Martes 14 de xullo, ás 20.30 horas

Festa-proxección:
Coa proxección simultánea das dúas pezas, que retratan unha época, haberá repostería psicotrópica e algunha sorpresa.

WOODSTOCK
(1970)
Director: Michael Wadleigh. Duración: 216 minutos.
En agosto de 1969 celébrase un festival de música rock en Woodstock que congrega a máis de 450.000 persoas. En sintonía con moitos dos movimentos de entón, unha sinerxia de vontades que trata de exemplificar parte do espírito da época. Versión con imaxes restauradas, son revitalizado dixital e formato panorámico, un dos montadores é Martin Scorsese. Inclúe actuacións de músicos e intérpretes como Jimi Hendrix, Joan Baez, Canned Heat, Janis Joplin, The Who, Jefferson Airplane, Santana, Joe Cocker & The Grease Band, Crosby & Stills & Nash e moitos máis. Oscar ao mellor documental.

MONTEREY POP
(1968)
Director: D.A. Pennebaker. Duración: 78 minutos.
Mítico film-concerto que se achega ao Monterey Pop Festival de 1967 dirixido polo mestre do documental musical D.A. Pennebaker (director do achegamento a Bob Dylan DON´T LOOK BACK). Con Otis Redding, The Jimi Hendrix Experience, The Mamas & The Papas, Simon and Garfunkel, The Animals, The Who, Ravi Shankar, Hugh Masekela, Canned Heat, etc, etc.

Leave a Reply