Cine - proxección de Bamako

bamako_b1

 

 

 

 

 

 

 

 

Domingo 12 de xullo ás 21.30 horas proxección de Bamako

(Francia-Mali, 2006)
Dirección e guión: Abderrahmane Sissako. Fotografía: Jacques Besse.
Produción: Archipel 33 (Francia), Chinguitty Film (Francia) e Mali Images
(Mali). Intérpretes: Aïssa Maïga, Tiécoura Traoré, Hélène Diarra. Duración:
120 minutos.

Un patio de veciños compartido por varias familias convértese en foro popular. Alí discútese e xúlgase ao Banco Mundial e ao Fondo Monetario Internacional, causantes de moitos dos males que aflixen a África. Chaka, un veciño, en paro e vivindo do que a súa muller gaña como cantante de bar, está máis preocupado polos seus propios problemas e a tensa relación coa súa muller, antes que coa loita do seu país. O sufrimento dunha parte do planeta nun intelixente relato que adopta formatos documentais.

Leave a Reply