Martes 30

OBRADOIRO DE FORNOS SOLARES DE BAIXO CUSTO
O obradoiro é de balde e ten unha duración de arredor de 2 horas.
Podes atopar instruccións sobre como facelo en: http://ospicosdosol.org/
Material necesario para a construción dun forno solar de baixo custo:
1. Caixa de cartón grande: 60X60cm (medidas aproximadas)
2. Caixa de cartón mais pequena:<> 50X50cm (medidas aproximadas, pero sempre uns 10cm menos que as medidas da caixa grande, porque esta caixa ten que entrar dentro da outra de tal xeito que quede unha separación de 3-4 dedos entre as paredes das dúas caixas en tódalas caras). O alto das caixas ten que ser como mínimo de 30cm. As dimensións son de referencia, se son mais grandes non pasa nada porque se poden cortar, mais pequenas de esas medidas non compensa. As mellores caixas son as dos electrodomésticos, fortes e duradeiras (teño un forno que leva 16 anos cociñando), e xa postos a facer o esforzo…
3. Lámina de cartón grande: 80X80 (uns 20cm maior que a caixa grande porque imos facer a tapa e pegarlle logo o cristal con silicona, pódese sacar dos laterais dunha caixa de lavadora ou similar)
4. Papel de aluminio, (un rolo de 30m sobra)
5. Papel de xornal, (dous ou tres xornais por forno) fará de illante.
6. Un bote de cola branca de 250gr. Libre de disolventes tóxicos (as que levan a inscrición: “apto para uso escolar e infantil” ofrecen maiores garantías)
7. Un rolo de precinto de embalar.
8. Un recipiente para mesturar cola branca e auga (metade inferior de unha botella de auga).
9. Arame de 2mm grosor, ten que entrar polas celas do cartón sen rompelas e ser suficientemente ríxido para manter a tapa do cristal levantada sen dobrarse aínda con vento. Necesítanse dúas varillas duns 30cm aprox.
10. Vidro (espesor recomendable: 3-4mm) de dimensións dous centímetros menos que a caixa grande.
11. Silicona neutra, un bote pode chegar para pegar os vidros de tres fornos.
INSTRUMENTAL
1. Cutter forte, dos grandes, que os finiños non poden co cartón.
2. Brocha plana mediana (3cm aprox.)
3. Flexómetro (metro)
4. Lapis para marcar sobre o cartón.
5. Regra ou listón recto para trazar sobre o cartón.
6. Cortavidros no caso de que se necesite cortar un vidro que xa temos e así darlle nova vida.
7. Aplicador de silicona.
Nota: é mellor que cada quen traia o seu material porque así lle sacamos maior rendemento ó tempo co propósito de que cada un leve o seu ó rematar, aínda que para traballar a mellor ritmo é mais doado facelo por parellas (é mais rápido construír dous fornos entre dúas persoas que un forno cada un por separado). As caixas de cartón conséguense nas tendas de electrodomésticos ou nas proximidades dos contedores de lixo sen demasiada dificultade e así practicamos a reciclaxe, é moito mais interesante que mercalas (e máis barato).
Posted on Xuño 24th, 2009 por admin
Filed under: Sen categorizar
Leave a Reply