Palestra Xabier DoCampo
Mércores 27 de maio
20.00 horas Palestra-coloquio “Literatura Infantil e Xuvenil galega” a cargo de Xabier DoCampo.
Xabier DoCampo (Rábade, 1946), “nacín chairego e fillo de chairegos o 5 de abril de 1946 en Rábade (Lugo).
Traballei como mestre en varios colexios e durante oito anos en Preescolar na Casa. Estiven sempre relacionado cos movementos de renovación pedagóxica.
Pertencín ao Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Dei cursos a profesores e lin ponencias en congresos sobre a didáctica da lingua e a literatura, sobre a lectura e a súa implantación escolar e social, sobre a narración oral, a súa estructura, a súa influencia na literatura escrita e a súa utilización didáctica, tanto en Galicia coma fóra
Escribín libros de texto para a escola e textos de ensaio didáctico e pedagóxico.
Fun actor e director de teatro. Traballei durante sete anos en Radio Nacional de España en Galicia como guionista e como director de programas de diverso tipo e formato. Tamén escribín e dirixín obras para vídeo e para televisión. Dei cursos a profesores sobre a utilización didáctica de ambos medios.
Durante un tempo fixen diferentes actividades de narración oral en distintos lugares de Galicia e de fóra. Participei na creación da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) (…)”
Máis información: http://www.xabier-docampo.net/documents/24.html
Posted on Maio 25th, 2009 por desejoprecario
Filed under: convocatorias
Leave a Reply