Domingo 29

Primeiro temos Jammin’ Resaca. Avisen a todo músico que se precie de non arredarse ante imprevistos nin improvisacións de que se presente ás 18:30 co necesario para facerse soar; instrumento, ampli se fai falla e flipación.
Avisen tamén a todo o que queira pasearse pola ocupa a ver os extraños experimentos dos músicos do andergraun coruñés de que se presente ás 18.30h co necesario; orellas, paciencia e flipación.
Avísense a ustedes mismos se o consideran pertinente.
Se traen a resaca posta mellor; é de etiqueta neste tipo de eventos.

E despois, arredor das 20.30h proxectaremos Mientras el Cuerpo Aguante [Ata que o corpo aguante], o documental do ano 1982 no que Fernando Trueba segue coa cámara ao incrible Chicho Sánchez Ferlosio.

Leave a Reply