Xoves 19
Ás 18:00h Obradoiro aberto de pandeireta e baile.

Ás 20:30h proxección DER ROTE ELVIS / [O ELVIS VERMELLO]
: Leopold Grün. Duración: 88 minutos.
Documental político que describe a singular e complexa vida de Dean Reed (1938-1986), estrela da canción e actor estadounidense que se convertiu en símbolo marxista en plena guerra fría, ata establecerse en 1973 en Berlín Este. Activista e frecuentador de Víctor Jara, Salvador Allende ou Yassir Arafat, personalidade incómoda vetada en algúns lugares, actor de spaguetti-westerns, director, Reed suicidouse cando filmaba unha película sobre a masacre india de Wounded Knee. A película inclúe intervencións de Egon Krenz, Armin Müeller-Stahl ou Isabel Allende e está rodada en alemán, ruso, inglés e castelán.
Páxina web de enlace (con contidos en castelán): www.deanreed.de
Posted on Febreiro 18th, 2009 por desejoprecario
Filed under: convocatorias
Leave a Reply