Mércores 18 - xantar, obradoiro e concerto
Ás 15:00h Xantar Impopular.
Ás 17:00h Obradoiro de expresión teatral e corporal.
Ás 20:00h concerto AKIKO (Lyon) e VALE TUDO (Lugo)
AKIKO
Akiko é absolutamente unha banda non seria, probablemente porque tocar nunha banda non é necesariamente unha cousa seria.
Akiko son tres rapaces franceses que non cantan, pero tocan a guitarra, o baixo, a batería e a melódica e a quen lles gusta usar algúns divertidos samples de estúpidas películas de serie B ou de aburridos documentais.
Akiko toca noise e rock e, como moitas outras bandas, están influidos pola música e a intensidade de Shellac, Fugazi, Mc Lusky, Slint, Pupille, The Future of the Left (…) e polo groove de Joy Division, Constantines e Beastie Boys.
Todo isto descansa na enerxía e o elemento sorpresa, a espontaneidade, o desexo de coñecer xente e de compartir esceario con moitas bandas excelentes.
VALE TUDO
Óscar Vilariño e Rafael Mallo crean Vale Tudo en 2004. A primeira intención foi a de traballar ideas novas e diferentes ás desenvolvidas nas bandas das que formaban parte, centrándose ante todo na busca de sons puros. Con estas premisas, tomando como referencia estilos cercanos ó blues e o folk norteamericanos e influencias do hardcore ou a experimentación, Vale Tudo crean a sú música cun son propio, unhas estruturas concretas e unhas letras suxerintes e esqueléticas en galego e castelán. Actualmente os membros de Vale Tudo forman parte tamén do grupo de improvisacion Volonté así como dos seus proxectos persoais Rafael Mallo e herrn.
Posted on Febreiro 12th, 2009 por desejoprecario
Filed under: convocatorias

Leave a Reply