Venres 27

Ás 20:00h concerto apoio ao movimento LGBT Galiza. Os cartos irán destinados a sufragar a viaxe de Marcelo Cerqueira, membro do Grupo Gay de Bahía www.ggb.org.br
Ocler Delalun (A Coruña)
folk/progressive/bossanova
Meuespazo: http://www.myspace.com/oclerdelalun
Volkswagen (A Coruña)
apocalipsis

Xoves 26- AVISO

A partires desta semana o Obradoiro de pandeireta e baile vai comezar ás 18:30h e a idea é dedicar a pandeireta os primeiros 45 minutos e despois outros 45 minutos ó baile.

Ás 20:30h Proxección do ciclo “Historias da Galiza”. Presentación e coloquio co autor.
MIGUEL CASTELO
(Freás de Eiras, Ramirás, Ourense, 1946)
Director, produtor e activista cultural.
Un dos [...]

Mércores 25

O Xantar Impopular comeza a partires das 15:00h (desde as 13:00h estaremos na Casa a preparar a comida).
E despois, ás 17:00h continúa o Obradoiro de Expresión teatral e corporal.

Luns 23

Ás 18:00h comeza o Obradoiro de Malabares e despois, ás 20:30h, teremos a Asemblea da Casa.

Sábado 21

Ás 10:30h na praza da Igrexa de Cerdedo (a 20 Km. de Pontevedra, estrada nacional Pontevedra-Ourense) saída ao monte, xunto a Carlos Solla, cara os xacementos megalíticos de Cerdedo.

Ás 20:30h  VEN TRAVESTIDO OU MORRE! MOTOCICLON e MINAPOLARIS en concerto 
Motociclón (Vallekas, cidade sen lei)

Heavy-punk-rock, super xefes con membros de Zinc, Rip Kc, Nitros… Teñen un directo bestial [...]

Venres 20

Ás 20:30h concerto apoio Carlos Cela e Meixide.
Arenga (Pontedeume)
Meuespazo: www.myspace.com/arenga 
Trapallada (A Corunha)
Meuespazo: www.myspace.com/trapallada

Xoves 19

Ás 18:00h Obradoiro aberto de pandeireta e baile.

Ás 20:30h proxección DER ROTE ELVIS / [O ELVIS VERMELLO]
: Leopold Grün. Duración: 88 minutos.
Documental político que describe a singular e complexa vida de Dean Reed (1938-1986), estrela da canción e actor estadounidense que se convertiu en símbolo marxista en plena guerra fría, ata establecerse en 1973 en [...]

Mércores 18 - xantar, obradoiro e concerto

Ás 15:00h Xantar Impopular.
Ás 17:00h Obradoiro de expresión teatral e corporal.

Ás 20:00h concerto AKIKO (Lyon) e VALE TUDO (Lugo) 
AKIKO
Akiko é absolutamente unha banda non seria, probablemente porque tocar nunha banda non é necesariamente unha cousa seria.
Akiko son tres rapaces franceses que non cantan, pero tocan a guitarra, o baixo, a batería e a melódica e [...]

Luns 16

Ás 18:00h Obradoiro de malabares.
Ás 20:30h Asemblea da Casa. Aberta a tod*s.

Domingo 15

A partires das 21:30h contaremos coa presencia de varios rapaces da “Asamblea ciudadana por la supervivencia de los Baños del Carmen”, un colectivo que está a loitar pola conservación da zona e contra a iniciativa promovida polo concello que inclúe a construcción dun edificio de catro andares, un paseo marítimo e a creación dunha praia [...]