Obradoiro de Tristura

Mentres nós traballamos na reconstrución da Casa, xusto en fronte outros seguen co seu Obradoiro de Tristura.

Domingo 18

Se queres participar na creación do Ateneo da Casa podes pasar a partir das 20:30h.

Sábado 17

Ás 20:30h concerto en soliradidade c*s pres*s galeg*s
ROSVELT (A Corunha)
Punk/Hardcore
A.N.T.I. (Illes Balears)
Hardcore/Grindcore
Máis información:
http://www.myspace.com/rosveltband
http://www.myspace.com/antiypunto

Venres 16

Ás 20:30h Palestra show a cargo das asSircópatas
“Casa de Clovni_5 anos cos nenos da rúa. O circo coma ferramenta social en Timisoara”.
Experiencias en torno a participación no proxecto franco-rumano Casa de Clovni.
Proxección de Masca de Bodoni Emese e Inaus Iancu. Curta-documental da vida na carpa.
Presentación da peza Montagem: obra que asSircópatas presentaron no II Copiii [...]

Xoves 15

Ás 20:30h: apertura da exposición de fotografía “Baixo ceo” de Melki Chichery (ata o 15 de febreiro).
Melki Chichery nace en París. Vive en Italia onde realizou estudos en pintura. De volta a Francia dedícase á música. Chega a Coruña no ano 2002. Será catro anos despois cando da man de Claire Doucerain introdúcese no mundo [...]

Mércores 14

Ás 13:00h bota a ferver a auga dos grelos do Xantar impopular. Podes vir comprobalo, podes vir cociñar ou mesmo podes vir papar a partir das 14:30h. Aproveitaremos a ocasión para comezar a preparar a próxima Comida, nom Bombas.
Ás 17:00h obradoiro de construcción de Xogos asiáticos.
Ás 20:30h asemblea aberta Rádio Krime.
O cadro é de Patrick Trotter.

Martes 13

Ás 20:30h concerto:
MAGRUDERGRIND
(Washington DC)
Temos o grandisimo honor de poder presentar os xefes da nova hornada de Grind/Thrash/Powerviolence dende Washington D.C. Unha das bandas que lidera o rexurdimento do grindcore-thrash mas furioso do outro lado do Atlantico e que fara as delicias dos seguidores de Phobia, Catheter, Municipal Waste ou Extreme Noise Terror.
Máis información: http://www.myspace.com/magrudergrind
Video 1:  [...]

Programación xaneiro

Sábado 10 de xaneiro

Kaso Aparte, Alterazión del Orden e Uñazo en concerto, organizado pola Asamblea Anarquista.

Venres 9 de xaneiro

Despois dun 2008 cheo de palestras, proxeccións, obradoiros, concertos, xantadores, festas e demais, cun  fin de ano tan animado que tivemos e con tantas cousas programadas para este principio do 2009, o fio do coitelo que colga sobre o L.S.O. CASA DAS ATOCHAS é cada vez máis fino. A especulación esta a sacar ós veciños [...]