Luns 2 - Concerto CANCELADO
Ás 21:00h concerto
TALCO (Marghera, Venezia)
Despois do seu primeiro traballo no 2004 Tutti Assolti, Talco é considerada a banda italiana de ska-punk mais coñecida e consolidada en territorio europeo. O seu ultimo traballo Mazel Tov, xa en reedición despois de pouco mais dun mes da súa saída o mercado, colectou un éxito incluso maior que o do xa recoñecido álbum precedente Combat circus, que saíu a rúa no 2006 e foi recibido positivamente en Europa e Sudamérica.
Con un curriculum musical mais que respetabel, Talco están enchendo salas por toda Europa (Alemaña, Italia, Austria, Suíza, Croacia, etc.), eles empezaron como banda de ska-punk e co paso de tempo consolida un son propio que mestura os ritmos patchanga co ska e o punk, tendo sempre moi presente os cantautores italianos, patrimonio importantísimo para a banda, sobre todo nas letras e na actitude.
Agora, mentres preparan a súa xira por Sudamérica e México fan una parada en Galiza presentando a edición dunha compilación dos seus mellores temas.

Posted on Xaneiro 29th, 2009 por desejoprecario
Filed under: convocatorias

Leave a Reply