Martes 26
Ás 20:30h proxección “Parábolas do terror”
NO PROFANAR EL SUEÑO DE LOS MUERTOS [Non profanar o soño dos mortos](España-Italia, 1974) de Jorge Grau.
Dirección: Jorge Grau. Intérpretes: Raymond Lovelock, Cristina Galbó, Arthur Kennedy. Duración: 93 minutos.
sinopses
Un anticuario mozo se dirixe a pasar unhas vacacións á súa casa de campo en Windermere. Polo camiño atopa a unha moza atacada por un vagabundo supostamente morto unha semana antes. Paralelamente se desenvolve unha estraña máquina polo Ministerio de Agricultura británico co obxectivo de exterminar plagas.
Os mortos duha morgue inglesa cercana a unha abadia de Manchester voltan á vida a causa dun experimento do governo, que emprega ultrasóns para combatir a contaminación. Isto provoca que os insectos da zona entren en raptus de loucura, que lles fan devorar e atacarse entre eles, mentres os mortos saen das tumbas con fame e sede de vinganza.
Clásico de culto na historia do cinema ibérico, unha parábola que lonxe do mimetismo con La noche de los muertos vivientes (1969) de George A. Romero ten vida propia a través dunha sagaz (e entrañable) mestura de elementos e xéneros, que van do terror á ciencia-ficción, e cun reparto internacional. Dirixida por Jorge Grau, autor de estimables títulos como El espontáneo (1963) ou La siesta (1976), que foron golpes mortais aos convencionalismos da sociedade franquista.
Posted on Xaneiro 26th, 2009 por desejoprecario
Filed under: convocatorias

Leave a Reply