Zaitún. Mércores 21, conversa con Shamek Shaban
O Zaitún aguanta no Obelisco baixo a choiva e a hostilidade do Concello. Constante presión de variable intensidade pra que a xente levante a mesiña e as pancartas do chan.
19:00h palestra a cargo de Shamek Shaban
A vida baixo a Ocupación.
Shamek Shaban, xoven activista árabe da cidade de Nablús, falará da situación na Palestina ocupada. Shamek participa dos centros de xóvenes autoxestionados do Campo de Refuxiados de Balata (http://www.balatacamp.net); un dos nodos centrais da loita palestina e unha das áreas máis duramente masacradas durante a operación “Cinturón Defensivo”, do traballo do Crecente Vermello en Palestina e do movemento contra o Muro de Cisxordania, que desde o mesmo anuncio da súa construcción, no ano 2002, animan activistas palestinos, israelís e internacionais.
Zaitun é unha iniciativa social solidaria co horizonte dunha participación activa desde a nosa localización na construcción dunha Paz Xusta no Medio Oriente.
Coa instalación dun campamento urbano pretendemos denunciar a imposición da miseria a millóns de seres humanos e interrogar os métodos de loita contra o militarismo e a islamofobia.
Para máis información e contacto aconsellamos:
Enderezo electrónico: cupzaitun@gmail.com
Blogue: http://cupzaitun.blogaliza.org/
Grupo en Facebook
Mural fotográfico, de participación aberta, en flickr:
http://www.flickr.com/groups/1029422@N22/
Posted on Xaneiro 20th, 2009 por desejoprecario
Filed under: convocatorias
Leave a Reply