Mércores 21

Unha morea de grelos, champiñóns, pementos, brecol, coles de bruselas, repolo, … trae o teu coitelo ou pasámoscho nós. A partires das 13:00h pra picar, pra remexer nas potas, pra dicir parvadas cunha cenoura na man… ou a partires das 14:30h pra comer o que argallaron os das cenouras na man.

Tentaremos facer unha sesión vermut na rúa.

E despois o obradoiro de Expresión Corporal ás 17.00 (o Obradoiro de Xogos Asiáticos pasou para o sábado á tarde).

Unha xornada ben intensa.

A imaxe é de Bruno Cassinari.

Leave a Reply