Luns 2 - Concerto CANCELADO

Ás 21:00h concerto
TALCO (Marghera, Venezia)
Despois do seu primeiro traballo no 2004 Tutti Assolti, Talco é considerada a banda italiana de ska-punk mais coñecida e consolidada en territorio europeo. O seu ultimo traballo Mazel Tov, xa en reedición despois de pouco mais dun mes da súa saída o mercado, colectou un éxito incluso maior que o [...]

Luns 2

O Obradoiro de Malabares volta o seu horario habitual, ou o que é o mesmo, desde as 18:00h malabareamos na Casa.

Domingo 1 - Comida nom bombas

Estarán as compañeiras do C.S. Própolis e as da Rede de Troco con nos.     

Máis información:
-http://comidanombombas.blogaliza.org/
-http://monedascomplementarias.pbwiki.com/
Rede+de+Troco+da+Corunha
-http://porpropolis.blogspot.com/

AVISO Obradoiro de xogos asiáticos

O Obradoiro de xogos asiáticos terá lugar os sábados a partir das 17:00h.

Sábado 31 - Concerto

Ás 20:30h concerto:
HELLDIVISION
(Donosti) Muralla sonica con ex-membros de Antihero facendo punk oscuro con toques death metaleros!
BURUX LEE
(Zarautz) Hardcore zapatillero old school mitico vasco!
http://www.myspace.com/buruxlee

Sábado 31 - Contacontos infantil

Anxo e Carlos Clemente (Danthea Teatro) van representar cos seus monicreques dúas versións do conto de Carapuchiña Vermella. A actuación comeza ás 12:00h da mañá.

Mércores 28

Pra facer un bo Xantar Impopular non é precisa moita cousa. Ter sorte na reciclaxe de comida, que a auga bote a ferver ó chegar os 100 graos, que a xente pique a cebola ó ritmo da música ou pasando dela, e que a comida estea lista o máis pronto posible a partires das 14:30h. Non [...]

Martes 26

Ás 20:30h proxección “Parábolas do terror”

NO PROFANAR EL SUEÑO DE LOS MUERTOS [Non profanar o soño dos mortos](España-Italia, 1974) de Jorge Grau.
Dirección: Jorge Grau. Intérpretes: Raymond Lovelock, Cristina Galbó, Arthur Kennedy.  Duración: 93 minutos.   
sinopses
Un anticuario mozo se dirixe a pasar unhas vacacións á súa casa de campo en Windermere. Polo camiño atopa a unha moza [...]

Luns 26

O Obradoiro de Malabares comezará ás 19:00h e despois, a partir das 20:30h teremos a Asemblea da Casa.

Hai que buscar alternativas á demolición