Martes 23 de decembro
A partir das 18:00h, convócase unha reunión para artellar, xunto a compañeira que guiará o obradoiro, o grupo de expresión corporal e teatral que desenrolará a súa actividade no L.S.O. Casa das Atochas.
A partir das 20:30h, proxectaremos a película État de siége [Estado de sitio] (1972), do director Constatin Costa-Gavras.
ÉTAT DE SIÉGE / ESTADO DE SITIO
(Francia-RFA-Italia, 1972)
Dirección: Constantin Costa-Gavras. Guión: Constantin Costa-Gavras e Franco Solinas. Produción: Cinema X, Dieter Geisller Film Produktion, EIA, Reggane Films, Unidis. Fotografía: Pierre-William Glenn. Intérpretes: Yves Montand, Renato Salvatori. Duración: 116 minutos.
Philip M. Santore é secuestrado polos tupamaros xunto a un consúl e un agregado diplomático. Quen é este home? Aparentemente un experto en comunicacións, que exerceu funcións en paises latinoamericanos que pouco despois sufren unha axitación política que permite gobernar á extrema dereita. Baseada no secuestro do axente da CIA e experto en torturas Dan Mitrione, rodada no Chile de Allende, o coñecido realizador francés de orixe grega Constantin Costa-Gavras (1933), autor de Z (1969), Sección especial (1975) ou Desaparecido (1982), ofrece unha das súas mellores narracións -sempre en forma de thriller ou melodrama histórico- de análise sociopolítico.
Posted on Decembro 22nd, 2008 por desejoprecario
Filed under: convocatorias
Leave a Reply