Domingo 26 de outubro: Comida, nom bombas
ás 21:00h proxección:
EL FORAT / O BURACO [2004] de Falconetti Peña
75′
Velaí vai un texto do propio director:
“Entre 2000 e 2003, PROCIVESA; a Empresa Inmobiliaria encargada de reestruturar diversas áreas da Barna vella, expropiou a baixo prezo varias mazás da Ribeira. Logo derrubounas. Os veciños bautizaron o novo espazo baleiro xurdido onde antes estaban as súas casas como o Forat da Vergonya (o Buraco da Vergoña). Con iso denunciaban unha situación que consideraban degradante por múltiples razóns: o abandono en que os poderes públicos sumiran a un barrio xa de seu moi castigado, as obras interminables, a perda de dereitos dos reacollidos en pisos novos, etc.
O malestar concretouse nunha acción singular: nos Nadais de 2001 a 2002, un pequeno colectivo de veciños plantou un abeto de Nadal na terra de ninguén, xusto enfronte da última mazá habitada pendente de derriba. Con iso reivindicaban conseguir unha zona verde onde o Concello tiña previsto construír un parking e novos apartamentos para estudantes.
O abeto converteuse rapidamente no símbolo dun conflito que se deveu en exemplo paradigmático das contradicións urbanísticas da nova Barcelona.
Empecei a gravar nos Nadais do 2000. Dos balcóns do Forat colgaban carteis e pancartas reivindicativas: “FORA ESPECULADORS DO BARRI”, “LOS VECINOS QUEREMOS ZONA VERDE”, “DERECHO A LOS CONTRATOS INDEFINIDOS”.
Ao pouco tempo volvín pasar polo Forat. O abeto fora cortado. Os veciños sospeitaban moi seriamente de PROCIVESA como autora ou inductora da talla. Plantaron outro abeto que unha semana despois amenceu repentinamente seco: habíano envelenado. Sementaron un terceiro abeto de Nadal en pleno mes de maio.
Mentres tanto, PROCIVESA, nerviosa ante o cariz que empezaba a tomar o asunto, aceleraba as derribas recorrendo a métodos brutais. Unha mañá apareceu no Forat un grupo de okupas que, rapidamente, instalouse en varios edificios abandonados. Loxicamente, iso espertou o interese da policía, cuxa presenza se fixo máis constante na zona.
Quixen mostrar no documental a capacidade de resistencia das clases populares ás agresións do exército inmobiliario que arrasa a cidade”.
Chema Falconetti
Posted on Outubro 24th, 2008 por desejoprecario
Filed under: convocatorias


Leave a Reply