Martes 21 de outubro ás 21:00h
Proxección:
RIP Punkaren 25 urteko historia bizia/RIP Historia viva de 25 anos de punk [2005]
de Iker Barandiaran e Iban Toledo
180′
Tras a morte no ano 2003 de Karlos Agirreurreta Mahoma, cantante do mítico grupo RIP, dous xornalistas de Goiena, en Arrasate, deciden facer un documental recollendo a historia do grupo e ao mesmo tempo retratar a eclosión do punk no contexto histórico do Mondragón dos anos 80, coincidindo cos 25 anos da creación dos RIP. O grupo naceu orixinalmente co nome Dobre Cero e estaba formado por Mancebo Portu (baixo), Jul Bolinaga (guitarra), Txerra Bolinaga (batería) e Juan Luís Mallabi ao micrófono. Posteriormente se rebautizaría como RIP e Carlos Mahoma substituiría a Mallabi como cantante. É de destacar que os músicos que militaron no grupo nunca deron demasiada importancia ao que fixeron, pero nas reaparicións posteriores e na súa volta no 2000, recolleron un gran éxito entre xente de todas as idades. O filme contén unha hora de concertos recollidos en diferentes épocas. Ademais o documental achégase a testemuñas que foron relevantes na movida musical dos anos 80, por exemplo Josu Zabala (Hertzainak), Fermin Muguruza (Kortatu, Negu Gorriak), Jimmi (Tijuana in Blue), Mamen (Vulpes), Auo Iñigito (Etsaiak, Txapelpunk), Paco (Eskorbuto), Iñaki Beraetxe e Jabi Destrúe.
Discografía RIP:
1.-Zona Especial Norte (LP MC) Enero 84. Spansuls (Compartido con Eskorbuto)
2.-No te muevas (LP) Agosto 87 Basati
3.-Bat Bi Hiru…Hamar (LP 2V) Diciembre 87. Oihuka
4.-Zona Especial Norte (Reedición) (LP C) Abril 91. Discos Suicidas (Eskorbuto cuenta con más canciones, Rip las mismas que el original)
5.-No te muevas+Zona Especial Norte (CD) Noviembre 93. Basati Diskak (Sin la parte correspondiente a Eskorbuto)
6.-Bat Bi Hiru…Hamar (CD V) Febrero 95. Elkar(Oihuka)
7.-Grabaciones encontradas (Un tema) (CD V) Octubre 95. Locomotive Music
8.-Hiesari aurre egiten!! (CD) Abril 95. Ta segi aurrera (Esan Ozenki) (En directo)
9.-No te muevas (LP) Noviembre 95. Discos Suicidas
10.-No te muevas+Zona Especial Norte (CD) Noviembre 95. Discos Suicidas
11.-Zona Especial Norte (CD C) Junio 96. Discos Suicidas (Mismas canciones que el 4)
M= Mini. C=Compartido V=Varios 2=Doble
Máis información en:
http://www.euskal.com/old/BBH/R.I.P..html
Posted on Outubro 20th, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar

Leave a Reply