Martes, 12 de agosto
Ás 20.30, unha nova asamblea de Radio Krime.
E despois, ás 21.30, teremos cine:
JOE STRUMMER: THE FUTURE IS UNWRITTEN / VIDA Y MUERTE DE UN CANTANTE. JOE STRUMMER
(Gran Bretaña-Irlanda, 2006)
Dirección e guión: Julien Temple. Produción: Nitrate Summer Ltd. e Parallel Films. Fotografía: Ben Cole. Duración: 123 minutos.
Retrato da vida de Joe Strummer, cantante de The Clash e The Mescaleros, a partir da recompilación dunha impresionante cantidade de material que abarca conversacións e entrevistas inéditas, actuacións e imaxes domésticas, así como aparicións de Johnny Depp, Martin Scorsese, Jim Jarmusch, Matt Dillon, Steve Buscemi, Courtney Love ou Bono. Temple, coñecido polas súas montaxes frenéticas e a súa capacidade para a colaxe de materiais, leva media vida analizando o movemento punk.
Posted on Agosto 12th, 2008 por desejoprecario
Filed under: Sen clasificar
Leave a Reply