O resto da programación da semana:

Hoxe, luns 16 de xuño terémo-lo obradoiro de malabares ás 18.00  e a Asamblea comezará un pouco máis tarde, ás 21.30.

 Mañá martes non haberá o habitual obradoiro de artesanía.

E esta é película que proxectaremo-lo domingo, ás 20.00: 

SICILIA (Francia-Italia-Suíza, 1998) Dirección, guión e fotografía: Jean-Marie Straub e Danièle Huillet. Produción: Duración: 66 minutos.

Unha das últimas películas da filmografía de Straub e Huillet. Os rigorosos e exquisitos cineastas adaptaron un dos cumios do realismo social literario, a novela de Elio Vittorini “Conversación en Sicilia” seguindo o seu particular credo e poética do cine: esencialidade, desposuimento e representación. O portugués Pedro Costa realizou en 2001 “Onde jaz o teu sorriso” en torno ao apaixoante proceso de montaxe deste traballo, que tamén se poderá ver.

arton39.jpg

Leave a Reply