Horta

Unha compañeira comparte un terreo en Mera. Alí estase a experimentar nos cultivos tradicionais e na permacultura.
Interesad*s escribir a contacto@casadasatochas.info
 

  

Jam On!

Jam On! 
A partires de agora mesmo e ata que a flipación musical aguante, convídase *s músic*s do andergraun coruñés a xuntarse co necesario para experimentar con ton e son: instrumento, ampli se fai falla e, sobre todo, orellas.  
Improvisacións sen ánimo de lucro e con ánimo psicotrópico; calqueira combinación de instrumentos pode dar froito… saxos e [...]

Xantar Impopular

Todos os mércores, a partires das 13.00h facemos un xantar común  e de balde no que todo o mundo está invitado a participar.  Sempre que é posible, usamos productos reciclados  e todos os  pratos que preparamos son veganos (sen carne, nin peixe, nin leite nin ovos). O menú de cada xantar dependerá dos ingredentes que [...]

Obradoiro de malabares

Todos os mércores, ás 16.00h temos o obradoiro de malabares, unha xuntanza da xente que estea interesada en practicar, aprender, compartir ou xogar coas mazas, coas bolas, o diábolo, ….

Asemblea da casa

Todos os luns, a partires das 21.00h temos a asemblea aberta da Casa das Atochas. As decisións tómanse en asemblea e por consenso. Por iso reunímonos cada semana para considerar as distintas cuestións de importancia. Calqueira pode vir e participar.